logo Matemáticas en pé de igualdade

Novas

Vídeo sobre Caroline Herstchel, baseado na obra ‘Voices from the well’.

Vídeo sobre Caroline Herstchel, baseado na obra ‘Voices from the well’.

‘Voices from the well’, é unha peza teatral sobre a historia de 20 mulleres extraordinarias. Con Paloma Saavedra, como Caroline Herstchel,  e Hector Canto como William Herstchel, estudantes da Escola de Arte dramático (ESAD) da Universidade de Vigo.

Trátase dun vídeo educativo e “artístico” que recoñece a figura de Caroline Herschel, unha astrónoma que conseguiu brillar con luz propia no século XVIII, nun campo moi masculinizado. Esta grabación forma parte do material elaborado dentro do proxecto de innovación educativa “Elaboración de material didáctico baseado en textos teatrais con contido científico” (http://webs.uvigo.es/dramatematica) encadrado no “Programa soporte para o desenvolvemento e implantación de accións de innovación educativa 2011, da Vicerreitoría de Alumnado, Docencia e Calidade da Universidade de Vigo.