logo Matemáticas en pé de igualdade

Novas

Mileva Einstein-Maric. ¿Por qué en la sombra?

Mileva Einstein-Maric. ¿Por qué en la sombra?

Mileva Maric, compañeira, e logo esposa, de estudos e investigación de Albert Einstein, era prácticamente unha descoñecida para o mundo da ciencia, e para a historia en xeral, ata que saleu á luz como consecuencia da publicación, en 1987, das cartas que ámbolos dous se intercambiaron durante o noviazgo, entre 1897 e 1902. As novas que esta correspondencia aportaba desencadearon unha polémica que todavía non está pechada.

Os aspectos máis relevantes, e os que levan causado maior sorpresa e interese, foron, por unha banda, a potencial contribución de Mileva ao desenvolvemento dos traballos máis importantes do físico, entre eles a teoría especial da relatividade e, por outra, a existencia dunha filla, Lieserl, nada antes do matrimonio e de cuxo paradeiro perdeuse a pista.

Esther Rubio trata de esclarecer, a partir de acreditadas fontes documentais, os interrogantes que deron orixe á polémica, considerando a complexidade do proceso científico e do papel que, históricamente, tiveron desempeñado nel as relacións entre os sexos.

Material imprescindíbel para facer unha aproximación á figura de Mileva Maric, ou Mileva Einstein-Maric como ela reivindicou ata o seu pasamento.