logo Matemáticas en pé de igualdade

Novas

Falecemento da Profesora María J.  Wonenburger Planells

Falecemento da Profesora María J. Wonenburger Planells

O pasado 14 de xuño faleceu en A Coruña, aos  86 anos de idade, a ilustre matemática María J. Wonenburger Planells.

Moitos foros os artigos aparecidos sobre esta figura mundial das matemáticas. Especial mención ao de M.J. SOUTO SALORIO Y A.D. TARRÍO TOBAR, autoras do artigo que a deu a coñecer á comunidade matemática española en 2006,  A María Wonenburger, en el recuerdo. Pero tamén podemos mencionar o aparecido no Boletín de la RSME ou no diario El País titulado María Wonenburger, gran dama de las Ciencias Exactas. La Voz de Galicia publicou tamén un de carácter moito máis persoal, do seu sobriño CÉSAR WONENBURGUER, titulado Eminencia discreta; ou a nova do seu pasamento, Fallece la pionera matemática coruñesa María Wonenburger, con enlaces a artigos relacionados e de interese. Por último, paréceme interesante mencionar o artigo aparecido o mes pasado sobre ela na páxina de Mujeres con Ciencia, de recente creación e absolutamente recomendable, María Josefa Wonenburger Planells, apasionada algebrista, redactado por María José Souto Salorio e con enlaces de interese para aproximarse á figura desta gran muller.