logo Matemáticas en pé de igualdade

Novas

Científicas. Cocinan, limpian y ganan el premio Nobel (y nadie se entera)

Científicas. Cocinan, limpian y ganan el premio Nobel (y nadie se entera)

Científicas mereceu o primeiro premio do concurso Ciencia que ladra-La Nación por decisión unánime do xurado, integrado por Nora Bär, Marcelino Cereijido, Diego Golombek e Guillermo Jaim Etcheverry.

Oito palabras lles bastaron aos editores da revista Family Health para describir a concepción que o mundo tiña das mulleres na ciencia cando en 1977 Rosalyn Yalow gañou o Premio Nobel de Medicina. O título da nova foi: “She Cooks, She Cleans, She Wins the Nobel” (“Cociña, limpa e gaña o Nobel”).

A investigadora arxentina Valeria Edelsztein pon a lupa sobre os inventos, os descubrimentos e as innovacións desas damas –fillas, nais, irmás, esposas e, sobre todo, científicas– que se animaron a desafiar convencións e prohibicións, e cóntanos as súas apasionantes historias. Sen elas o mundo sería moi distinto e, sen dúbida, moito máis aburrido.

Para reparar ese escándalo histórico, este libro pasa revista ás máis incríbeis, orixinais e ignoradas contribucións científicas das mulleres ao longo do tempo: dende Hipatia (asasinada pola súa sabeduría) ata Agnódice (quen exercía a medicina vestida de home no século III a. N.E.), dende a astrónoma musulmana Fátima (cuxa existencia foi considerada “un erro histórico”) ata Marie Curie (a quen a Academia Francesa de Ciencias lle negou o ingreso). Todo isto abórdao a autora con gran dinamismo e moito sentido do humor, o que fai a lectura moi fluída, agradable, á par que interesante e de moito calado para unha primeira aproximación ao tema.

Absolutamente interesante e recomendable.