Memoria
A memoria é o documento que, xunto coas Minibiografías de personaxes matemáticos, foi presentado ao
I Premio de creación de materiais e recursos docentes con perspectiva de xénero da Universidade de Vigo Antonia Ferrín Moreiras e que acadou o Accésit.
Nel especifícase cales foron as motivacións e obxetivos que levaron á creación do material.
Faise unha reflexión sobre o papel das Matemáticas na reprodución dos valores sexistas neste nivel do ensino; como é importante traballar para por en valor a todas aquelas mulleres que ao longo da historia fixeron importantísimas aportacións á Ciencia en xeral e ás Matemáticas en particular, o que contribúe de xeito moi positivo á aproximación do alumnado, tanto feminino coma masculino, a unha ciencia como as Matemáticas que lles resulta allea e inaccesíbel á maioría.
Por último, relátase polo miúdo a metodoloxía didáctica e a súa implantación na docencia.
Memoria do proxecto
Preme sobre o título para abrir o arquivo e descargalo.
Buscador
-
Se desexas que te enviemos o arquivo completo do proxecto, solicítao
-
Novas
- Mileva Einstein-Maric. ¿Por qué en la sombra? 26 Xuño, 2014
- Científicas. Cocinan, limpian y ganan el premio Nobel (y nadie se entera) 26 Xuño, 2014
- Falecemento da Profesora María J. Wonenburger Planells 26 Xuño, 2014